Free cookie consent management tool by TermsFeed
Arteixo vs la planta de residuos en el Puerto Exterior de A Coruña

PDNC Arteixo –    Plataforma Defensa da Natureza e Calidade Ambiental Arteixo –  creada fai apenas  meses co obxeto de defender os intereses  sociais  e  ambientais dos cidadadans de Arteixo , coordina  a    acción  de    PRESENTACION DE  ALEGACIONS  contra   a  Planta de  Valorización de Residuos de Carbón  no  Porto Exterior,  e  reclama  unha avaliación ambiental conxunta de todos os  proxectos  industriais que se pretenden levar a cabo no citado recinto, e  que non  son os  propios   dunha  actividade  portuaria.

 

Arteixo, 23 de outubro de 2025.

Diversas Asociacións Medioambientais e Veciñais,  persoas no  seu ambito  particular,  e Alternativa dos Veciños Arteixo como organización  politica ,    presentarán nos vindeiros  dias  ante a   Dirección  Xeral   de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Xunta de Galicia unha alegación formal solicitando a denegación da  autorización   ambiental  integrada do proxecto promovido  pola   empresa  Euroash  Recycling Corporation, S.L.,  que pretende instalar unha planta de valorización de residuos industriais no Porto Exterior  da  Coruña (Langosteira).

Segundo a Plataforma , o proxecto presenta unha afección severa e irreversible sobre o litoral de Arteixo, tanto desde o punto de vista ambiental como social e patrimonial, ao situarse a escasos 540 metros de núcleos habitados e en pleno ámbito da ZEPA e ZEC «Costa da Morte», espazos incluídos na Rede Natura 2000 e dentro da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

«Non se pode permitir que o Porto Exterior, que naceu como  porto refuxio,   se  convirta nun macropolígono industrial costeiro que destrúe o noso patrimonio natural e cultural. O impacto acumulativo destes proxectos é inasumible, e muy superior a o que poderían ter outros proxectos rexeitados pola cidadanía, como o de Altri..  “, afirman os portavoces da Plataforma. 

– Impacto acumulativo e falta de avaliación ambiental rigorosa

A alegación  denuncia que o  estudo  de  impacto ambiental da empresa non  analiza  os  efectos  sinérxicos nin acumulativos cos  demais proxectos industriais  en tramitación na zona —planta de hidróxeno verde, planta de amoníaco,  eólica mariña ,  cementeras   ou outras instalacións fabris  — , o que  vulnera o  artigo  35 da Lei 21/2013  de  Avaliación Ambiental  e  a  xurisprudencia  do  Tribunal  Supremo   (STS 2301/ 2018)   e  do  TSXG (Sentenza 434/2022).

A Plataforma tamén suliña a presenza de hábitats prioritarios e especies protexidas, como o aguilucho cenizo e o falcón peregrino, e a afección a bens patrimoniais catalogados, como o Castro de Suevos (GA15005004) e o Castro de Rañobre (GA15005005), que contan coa protección da Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia.

– Privatización do dominio público e degradación paisaxística.

O documento alerta sobre a privatización efectiva do dominio público marítimo-terrestre, contraria á Lei 22/1988 de Costas, e denuncia a falta de utilidade pública duns proxectos que responden a intereses industriais privados  alleos á  actividade  portuaria esencial.

«Non podemos aceptar que o noso litoral, un ben común, se entregue para actividades industriais alleas ao porto” . Este proxecto    non é   socioambietalmente sostible    nin necesario», engaden os representantes veciñais.

– A asociación solicita á Xunta de Galicia:

A suspensión cautelar da tramitación do expediente 2024-IPPC-I-165.

O acceso público a todos os informes ambientais e sectoriais.

A denegación da autorización ambiental integrada da planta.

A realización dunha avaliación conxunta de todos os proxectos industriais previstos no Porto Exterior de A Coruña.

A intervención da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural polos danos potenciais ao patrimonio arqueolóxico.

– Unha chamada á responsabilidade institucional

Os firmantes  reclaman ao Concello e á Xunta que prioricen a protección ambiental e a saúde pública fronte aos intereses empresariais, e que abran un proceso real de información e participación cidadá, conforme ao Convenio de Aarhus e á Lei 27/2006.

«O futuro de Arteixo e do seu litoral está en xogo. Non falamos só de paisaxe, senón  da saúde, do aire que respiramos e do dereito das futuras xeracións a vivir nun entorno san», conclúen.

¿Quieres ayudarnos con esta causa?

Rellena el siguiente documento con tus datos y enviándonoslo a través del formulario. 

Persona física

Entidades

COLABORA. SIN CUOTAS, SIN COMPROMISOS.